Domingo 19 de Agosto - Santiago de Compostela
(Local sociocultural de San Lorenzo - C/Carballeira de San Lorenzo S/N)
(Local sociocultural de San Lorenzo - C/Carballeira de San Lorenzo S/N)
10:00 a 12:00 aprox.
Importe: 8€
Interactuaremos ca
enerxía: propia (innata + adquirida mediante respiración, alimentación,
exposición ao sol, amor...) e externa, da terra e o ceo... en camiño a
maximizar a que temos e distribuila por todo o noso ser. Tomaremos consciencia
dos nosos órganos internos, dos osos, músculos, tendóns... promovendo unha
comunicación fluida co noso interior e expandindo os límites máis ala do noso
físico.
Reaprenderemos a
movernos con naturalidade, tomando conciencia de aqueles movementos ou posturas
que nos perxudican... na procura dunha conciencia plena da nosa entidade,
que nos permita distinguir con claridade aquelo q nos conveña en cada momento
da nosa vida.
Fortalezeremos o noso
ser. Limparemos de tensións (físicas, emotivas, mentais...), interactuando cos
nosos centros enerxéticos e meridianos de flujo da enerxía.
Centraremos a nosa
atención no presente... no momento actual... descargándonos do peso do pasado q
xa foi, e do futuro que non é mais que unha proxección…
Todo isto
dun xeito relaxado, sen forzar…
- Recomendase traer roupa cómoda -
- Recomendase traer roupa cómoda -
IMPARTE:
Benito de la Cruz Municio Díaz. Comecei a práctica da meditación consciente
entre os 7 e os 13 anos, non recordo exactamente...Atopei nuns libros para
nenos que explicaban varias posturas de ioga, quedando finalmente con só unha
delas, na que traballaba a respiración, a musculatura, a consciencia e a
relaxación.
Durante moito tempo usei esta técnica para
relaxarme durante as miñas sesions de estudo intensivo, no instituto e na
universidade...
A maiores, compatibilicei esta práctica
co exercicio ximnástico ( estiramentos, flexións, abdominais, torsións, ...)
ata que decateime de que perdía flexibilidade e me sentía bastante agarrotado.
Fai aproximadamente 6 anos asistín a un
obradoiro de relaxación para homes. Me encantou o efecto que tivo sobre
min...relaxación por medio de exercicio físico e moxibustión ( uso de moxa para
tratamento de acupuntura )...traballo da conciencia, visualización...
O efecto sobre min foi tal que ao pouco
estaba pedindo referencias...algo parecido ca intención de manterme en forma, e
recomendáronme un mestre de Tai Chi.
Entón comecei aprender unha ou duas
veces por semán ...ao cabo de pouco xa estaba eu practicando pola miña conta e
ensinando a amigxs. As prácticas integraban Chi Kung, Tai chi, automasaxe,
acupuntura, meditación zen ...
Nos seguintes dous anos estiven
practicando pola miña conta e estudando teoría relacionada co Chi Kung, Tai
Chi, Tao,Tantra e zen (en especial,
meditación zen).
De novo voltei atopar mestres adecuados
para o que eu quero...comecei a asistir a clases intensivas e normais,
percibindo a miña transformación e reenamorándome destas prácticas. Tal é que
agora o sinto coma unha necesidade, o meu ser integro mo pide...e eu me podo
sentir estúpido se non llo dou...a diario.
Dende fai pouco mais de dous anos
comecei a plantexarme a posibilidade de impartir clases para as persoas
interesadas e neso estou.
Telf. 634 664
870 E-mail: gugomaster@gmail.com
ORGANIZA: Erika
Falcón; Terapeuta holístico (Maestra de Reiki Usui y otras modalidades Reiki,
Técnica Metamorfica, Tarot, Magnified Healing, Sanación axiatonal, etc.);Masoterapeuta
ayurvédica; Quiromasajista terapéutica, deportiva y estética; Sacerdotisa de la
Diosa (consultora de feminidad consciente, organizadora de círculos y talleres,
investigadora y colaboradora en el despertar de lo Sagrado Femenino).
Telf. 659 348 971 E-mail: Teholisticas@yahoo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario